Nacemento:
Morte:
Profesor, escritor e político, 29 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1927 e en Filosofía e Letras en 1929. Profesor no Instituto de Lugo en 1930 e, desde 1933, no Instituto de España en Lisboa (Portugal). Coa II República traballou como agregado cultural nas embaixadas de Portugal e Francia.
Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (SEG) en 1923. Militou nas Irmandades da Fala.
Colaborador de El Compostelano, A Nosa Terra, Nós...
No ano 1931 presentouse como candidato a deputado nas Cortes Constituíntes pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Sería un dos fundadores do Partido Galeguista (PG) en 1931.
Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o alzamento estaba de vacacións en Galicia e cruzou o río Miño a nado para acadar Portugal, alí exercería de profesor no Instituto Español de Lisboa e tivo que marchar ao declaralo “persoa non grata” a ditadura de Antonio de Oliveira Salazar. Agregado cultural na embaixada española en París (Francia) ata abril de 1937.
Regresa a Barcelona e fixo a guerra civil, desde 1937, no Exército Popular da República despois de saír da Academia de Carabineiros co grao de tenente.
Ao remate da contenda confinárono en Francia no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
De Francia embarcou no Massilia rumbo á República Arxentina e, en 1940, a Estados Unidos, onde exerceu como profesor universitario en Austin, Texas. Nacionalizouse estadounidense e impartiu clases nas universidades de Wisconsin, Novo México, Puerto Rico, Denver e Middlebury; xubilouse no ano 1971.
Regresou a Galicia nese ano 1971; no 1976 ingresou como académico na Real Academia Galega (RAG) e foi membro do Consello da Cultura Galega.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.