← Volver atrás

Martínez Núñez, José-Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

A Guarda
(Pontevedra)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueiro, 31 anos. Veciño de Santa Isabel de Camposancos, A Guarda.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Foxe en xuño de 1938 no barco de pesca Los Zorriñas, do que desertaron no porto de Milford Haven, Dyfed (País de Gales).

Entre outros fuxidos contábanse: Salvador Alonso Blanco, Jacinto Lima Cameselle e José-Marcelino Martínez Núñez.

Pasou a Francia e internárono nos campos de refuxiados de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Regresou a España e combateu no exército republicano durante a guerra civil.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña), no ano 1944, polo delito de adhesión á rebelión (causa contra a tripulación do Los Zorriñas) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Neste xuízo rematou condenado á mesma pena o mariñeiro Jacinto Lima Cameselle e á de seis anos e un día Salvador Alonso Blanco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha