← Volver atrás

Martínez Prieto, Ventura

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Piedralba, Santiago Millas
(León)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Mariña de Beira, Carral
(A Coruña)
- 13/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado municipal, 34 anos. Casado con Asunción Martínez. Veciños da rúa do Orzán, na Coruña. Varredor do servizo de limpeza pública no Concello da Coruña.

Secretario en xaneiro de 1931 da Unión Obreira Municipal, da UXT.

Paseado.

Non se presentou a traballar o día 12-08-1936. Destituíuno ao día seguinte o alcalde Fuciños porque: «ha sido detenido el día doce del corriente, por ser contrario al movimiento nacional iniciado por el ejército para salvar a España de las antipatrióticas hordas marxistas». Paseárono os franquistas en Beira, Carral, o 13/08/1936.

Morte rexistrada na Coruña a causa dunha hemorraxia cerebral por balazos. O seu cadáver e o de José Campelo García apareceron en Santa Mariña de Beira.

Soterrárono o día 14 de agosto nunha fosa común común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Campelo. Trasladárono a un nicho en xuño de 1941.

Segundo auto da Audiencia Provincial da Coruña "la muerte de Ventura Martínez Prieto y José Campelo García, originada según dictamen médico por varios balazos, habiendo aparecido sus cadáveres en términos de la parroquia de Veira [sic]-Carral el 13 de agosto próximo pasado ignorándose quién o quiénes hubieren sido los autores".

Por mor destas mortes violentas abriuse na Coruña a causa 427/36.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha