← Volver atrás

Mazaira López, Raúl

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Cartemil, Santa María de Nogueira de Miño, Chantada
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Cartemil. Irmán de Felisa Mazaira López e de Sara Mazaira López, encarceradas.

Fuxido.

Mobilizado na guerra civil polo exército franquista o día 30/10/1936 e destinado como cabo a un batallón do 29º Rexemento de Infantería Zamora, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica.

Raúl manifestou que o prendera o exército republicano en Pola de Gordón (Principado de Asturias) o día 12/01/1937 e que o conduciran a Xixón (Principado de Asturias).

Xulgado en consello de guerra no Principado de Asturias co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xulgado en consellos de guerra en León na causa 37/37 e na causa 775/38.

Outra versión indica que se pasou ao bando republicano nesa data do 12/01/1937, con Perfecto Pereira López e outros 14 soldados máis, que eran veciños da zona de Luarca (Principado de Asturias).

Sería sarxento da 1ª Sección da 41ª Compañía do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha