Nacemento:
Morte:
Estibador, 32 anos. Casado con Manuela Abuín Prado; tiñan unha filla e un fillo: Carmen (8 anos) e Antonio (6 anos). Veciños de Carril. Traballaba de estibador no porto de Carril. Os golpistas tamén prenderon a dous dos seus irmáns e rapáronlle a cabeza a dúas irmás.
Militante da CNT e membro do Sindicato de Transporte Marítimo de Vilagarcía de Arousa.
Paseado.
Morte rexistrada en Vilagarcía de Arousa por mor de disparo de arma de fogo. Os falanxistas viñeron á súa casa de madrugada, roubárono, detivérono e déronlle o paseo ese mesmo día 15.
O seu cadáver apareceu en Santiago do Carril, Vilagarcía de Arousa, co de Luis Singul. A Tucho disparárono na cabeza.
Nese día e lugar os fascistas asasinaron a: Antonio Meaños Abelenda, estibador; e os veciños de Vilagarcía de Arousa: Ramón Abalo Resua, tipógrafo; Agustín Castromán González, ferroviario; José-Manuel Rey López, empregado, e Luis Singul Abelenda, xornaleiro.
A súa dona rematou tola e ingresárona no Sanatorio de Conxo, en Santiago de Compostela (A Coruña); alí morreu.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.