Nacemento:
Morte:
Médico e político, 28 anos. Veciño da Arnoia (Ourense), onde exerce como médico. Irmán de Antonio Meixengo Pereira, procesado. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1934. Era fillo e neto de médicos.
Militante do PSOE, elixírono alcalde da Arnoia pola coalición da Fronte Popular (FP) de marzo de 1936 ata o día 15/07/1936.
Encarcerado. Sancionado.
Cando se produce o golpe militar fascista prendérono na Cañiza e ingresárono na Prisión Central de Celanova (Ourense), onde zafou dunha saca para pasealo.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión, na causa 933/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Para saber das persoas e sentenzas ditadas neste procedemento consultar a ficha de Rodrigo Alonso Álvarez.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua e rebaixada con posterioridade a 12 anos de prisión.
Mentres permaneceu na cadea conseguiu zafar das sacas nocturnas dos falanxistas cando se atopaba no Mosteiro de Celanova (Ourense) e grazas ao apoio que tivo dos responsables carcerarios. Desde o ano 1937 retivérono no mosteiro de Santa María a Real de Oseira, San Cristovo de Cea (Ourense).
Puxérono en liberdade condicional en abril de 1939 e chamárono a filas.
Xulgado en xullo do ano 1940 por responsabilidades políticas co resultado de multa de 50.000 pesetas e dez anos de inhabilitación para cargos públicos.
Máis tarde volveu exercer a medicina en Celanova e en Verea.
Volvérono prender en marzo de 1947 baixo a acusación de pertencer ao Socorro Rojo Internacional (SRI). A Acusación demostrouse que era falsa.
Na volta de 1957 ou 1958 viaxou á República Arxentina.
No ano 1973 trasladou a súa praza e foi médico de Redondela (Pontevedra), onde se xubilou.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.