← Volver atrás

Meizoso Núñez, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Depurado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Narón
(A Coruña)
- 22/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 28 anos. Casou con Herminia Mouriño Pena; tiveron dous fillos: Elías e Marcos. Veciños de Santo Estevo de Sedes, Narón. Estudou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña), que rematou no ano 1928. Mestre de Santa María de Bardaos, San Sadurniño (A Coruña) en 1930/31. Aprobou as oposicións en 1931 e destinárono a Portela. Desde 1934 era mestre nacional de Sedes.

Militante do PSOE e do Sindicato do Transporte, vencellado á CNT.

Colaborou con El Correo Gallego.

Paseado. Depurado.

Prendérono os sublevados logo do movemento faccioso.

Morte rexistrada no cemiterio de San Xiao de Narón por mor de disparos da forza pública franquista, cando tentaba fuxir, e despois de que o sorprenderan nunha reunión clandestina preto de Narón.

Con el asasinaron aos veciños de Neda (A Coruña): Laureano Serantes Rodríguez e Baltasar Teijeiro Casal.

Os golpistas abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha