Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 35 anos. Casou con Carmen Díaz Fouz. Veciños de Baralla. Funcionario municipal, oficial auxiliar de secretaría do entón Concello de Neira de Xusá de 1933 a xullo de 1936.
Secretario e contador da Agrupación Socialista (AS) de Neira de Xusá (Baralla desde 1975) no ano 1931.
No ano 1936 era membro do Comité de Propaganda do Estatuto de Autonomía.
Depurado. Encarcerado.
Os golpistas destituírono o día 31/07/1936 do seu posto de oficial do concello. Estaba en fuga por mor do terror á represión.
Prendérono e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 04/02/1937; o 10 de marzo seguinte trasladárono ao Depósito Municipal de Mondoñedo (Lugo).
Xulgado en consello de guerra en Lugo co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
Desterrárono un ano e 15 días a Mombeltrán (Ávila).
No ano 1940 denunciárono por manter contactos co fuxido Domingo-Antonio Pérez Gándaras e desterrárono por un ano e 15 días a Mombeltrán (Ávila) o día 15/03/1940.
Procesárono en Lugo por responsabilidades Políticas en febreiro de 1943 e sobreseron a causa en abril de 1944. O expediente incoárase en xullo de 1941 a iniciativa do falanxista e estraperlista Ginés Fernández Sierra, alcalde de Neira de Xusá (hoxe Baralla).
Membro do Radio do PCE.
Arrestárono de novo o día 12/02/1946 e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo; o día 9 de marzo seguinte trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.
Xulgárono en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militaf, na causa 75/46, co resultado de sentenza a seis meses e un día de cadea segundo resolución do 10/08/1946. Nesta causa procesaron a 64 persoas.
Co tempo sería secretario do xulgado de paz de Baralla.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.