Nacemento:
Morte:
Labrego, 61 anos. Casado con Manuela Espinosa (Xaén); tiñan cinco fillas e un fillo: Manuela, Francisca, Dolores, Ana-María, Natalia e José-Antonio. Secretario do Concello de Pegalajar.
Militante da UXT e tenente de alcalde de Pegalajar polo PSOE. Era alcalde accidental en marzo de 1939, cando Xaén caeu nas mans dos rebeldes.
Encarcerado. Morte na cadea.
Prendérono os franquistas o día 13/04/1939 e ingresárono no cárcere de Pegalajar.
Xulgado en consello de guerra en Xaén o día 22/05/1939 polos delitos de rebelión militar, adhesión á rebelión e de ser extremadamente de esquerdas co resultado de sentenza a cadea perpetua.
O día 22/02/1940 ingresárono no saturado cárcere de Xaén (máis de 4000 internos). En agosto pasou a Burgos, onde o internan o día 19.
Ingresárono o día 04/11/1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se rexistra a súa morte por mor dunha cardiopatía.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo (Pontevedra).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.