Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 24 anos. Casado. Veciño de Pontevedra. Empregado como auxiliar na Oficina Municipal de Augas de Pontevedra. A súa familia era orixinaria de Redondela (Pontevedra).
Membro das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Membro do Comité interino do PSOE para o estudo do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Detido durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Depurado. Executado.
Cando se produce a sublevación rebelde formou parte da defensa do Goberno Civil de Pontevedra o día 20/07/1936, requisando armas por mandato escrito da autoridade legal, o gobernador civil (cualificado polos franquistas como xefe insurxente), sen a máis mínima violencia e estendendo os oportunos recibos . Prendérono os franquistas.
Suspendido no seu posto de traballo o 15 de agosto de 1936 e destituído o día 28/11/1936. A baixa definitiva ten lugar o 04/10/1937.
Os franquistas cualificárono de "dudosa conducta y antecedentes, socialista y en relación con los comunistas". Tamén o acusaron de tchequista.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de adhesión á rebelión, na causa 174/37, co resultado de sentenza á pena de morte. Procesárono con outras 17 persoas. Tres votos particulares pedían a súa condena á pena de morte e así rematou a súa condena o día 15/06/1937.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilárono os franquistas ás 05:30 h en Pontevedra, no quilómetro 1 da Avenida de Bos Aires, co veciño de Cangas Estanislao Graña Soliño.
Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna.
Soterráronos aos dous no cemiterio de San Amaro de Pontevedra.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.