← Volver atrás

Mingote Eguiagaray, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

León
(León)
- 04/11/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 17/06/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 46 anos. Casado con Pilar Ascaso Mingote; tiñan dúas fillas e dous fillos: Pilar, Policarpo, Mariano e Petra. Veciños de Candás, Carreño (Principado de Asturias).

Dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Candás. Médico da Asistencia Pública Domiciliaria (APD) de 1920 a 1937 en Candás.

Encarcerado.

Durante a guerra civil foi xefe dos servizos sanitarios do campo de aviación de Carreño (Principado de Asturias). Director do Hospital de Granda, Xixón (Principado de Asturias) coa graduación de capitán de Sanidade. Presidente do Tribunal Médico Militar, como comandante, en Valdecilla, Medio Cudeyo (Cantabria).

Á caída da Fronte Norte prendérono os rebeldes no porto do Musel, en Xixón. Internárono na cadea de El Coto, Xixón, en novembro de 1937 e sofre malleiras. A sáu dona e os seus fillos foron quen de evadirse, en setembro de 1937, cara Burdeos (Francia) no barco inglés Midol London.

Expoliáronlle a casa, a consulta e as tres bibliotecas das que dispoñía na súa consulta.

Xulgado en consello de guerra én Xixón, en febreiro de 1938, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua, iterdicción civil e inhabilitación absoluta.

Internárono no campo de concentración da Conserveira Vieta, en Muros (A Coruña), onde traballou na enfermería. Trasladárono á prisión de Figueirido (Pontevedra), lugar no que o empregaron como médico preto de dous anos.

Pasou polo Hospital Penitenciario de Segovia e, no ano 1941/1942, enviárono a traballos forzados ao Val dos Caídos (Madrid), onde tamén exerceu como médico.

Interno no Destacamento Penal de Cuelgamuros, El Escorial (Madrid), penal no que foi médico oficial desde o 30 de outubro de 1943 ata o seu pasamento en xuño de 1944.

Publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 362 do día 28/12/1943 e da que xá disfrutaba desde o 23/11/1943. Aínda en liberdade, continuo atendendo aos presos de Cuelgamuros ata a súa morte. Neste penal desenvolvéranse varias epidemias de tifo, transmitidas polo coñecido como piollo verde e que tiñan a súa orixe no persoal civil destas obras, que vivían nunha auténtica miseria. O doutor Mingote esgotouse nun esforzo enorme polo control desta pandemia. Participou na creación dun hospital neste centro e que se inaugurou en 1945; o médico Carlos Mingote xa morrera.

O seu pasamento ocorre no ano 1944 por mor dunha enfermidade.

Procesárono por responsabilidades políticas en Oviedo (Principado de Asturias) e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.