← Volver atrás

Moledo Rodríguez, José-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Herves, Santa Mariña de Beira, Carral
(A Coruña)
- 16/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dependente e político, 31 anos. Casado con Josefina-Carlota Trapote Paz, mestra de Santiago de Arcos, Mazaricos (A Coruña) e a que depuraron do seu emprego por esquerdista, non relixiosa e por estar mal vista entre os seus veciños. Veciños da rúa Curro, 24-5º, na Coruña. Auxiliar de farmacia na rúa San Andrés, A Coruña; mantiña na re-botica da farmacia na que traballaba grupos de parladoiros e de intercambio de opinións.

Militante do PCE da Coruña e socio do Casino Republicano herculino. Representante nun acto de 1934 do Socorro Rojo Internacional (SRI). Tesoureiro da Asociación Provincial de Auxiliares de Farmacia da Coruña.

Fuxido. Paseado.

Prendérono os rebeldes despois do alzamento militar.

José-Manuel figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”. Considerado comunista.

Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Déronlle o paseo forzas da Garda Civil e os falanxistas.

Morte rexistrada en Herves a causa de feridas de arma de fogo.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Santa Mariña de Beira como descoñecido.

No informe policial aparece manuscrita unha cruz a lapis, o que indica que morrera. Tamén consta unha anotación de “Huido”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha