← Volver atrás

Mondelo Rodríguez, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Sancionada

Nacemento:

Santo Antonio de Vilanuíde, Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Modista e política, 40 anos. Solteira. Veciña de Santo Antonio de Vilanuíde. Irmá de Pedro Mondelo Rodríguez, encarcerado.

Encarcerada. Sancionada.

Ingresada no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 29/04/1937 e trasladada a Prisión Provincial de Lugo o 24/06/1937.

Xulgada en consello de guerra en Lugo polo delito de excitación á rebelión o día 28/06/1937, na causa 579/37, co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión maior segundo resolución do día 07/07/1937.

Tamén condenaron a seis anos e un día no mesmo procedemento ao seu irmán Pedro Mondelo Rodríguez.

Enviada á prisión de mulleres de Guipúscoa o día 20/02/1938.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a liberdade condicional o día 01/04/1941.

Interna na Prisión Central de Durango (Biscaia), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 90 do día 31/03/1941.

No ano 1937 tamén se lle abre expediente de responsabilidades políticas e sancionárona en 1941 cunha multa de 100 pesetas e o embargo de bens por menos de 1000 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha