Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, mecánico e chófer, 39 anos. O día 26/04/1930 casou con Elena Fernández, tamén filla de galegos. Veciños de Bos Aires (República Arxentina). Fillo de labregos pobres de Cecebre, eran 14 irmáns. No ano 1918 emigrou a Cuba e de 1920 a 1926 traballou nos Estados Unidos. En xaneiro de 1926 visitou aos seus pais en Galicia e, a mediados dese ano, embarcou cara a República Arxentina, país no que tiña a dous irmáns.
Anarquista. Na República Arxentina desenvolveu varios traballos, sobre todo como chófer de liñas de coches de transporte, e colaborou cos movementos anarquistas. Na ditadura militar arxentina de José-Félix-Benito Uriburu (1930-1932) prendérono e condenárono, con outros, á pena de morte; despois da presión anarquista nacional e internacional conmutáronlle a pena de morte pola de cadea perpetua e, co tempo, pola de dous anos de prisión. En decembro de 1932 deixárono en liberdade e, en 1935, desterrárono cara Barcelona. Contactou coa CNT en Galicia, que lle achegou documentación falsa, a nome de Ramón Galán Lafuente, e volveu ao país sudamericano.
Encarcerado. Exiliado.
Despois de que estourara a guerra civil en España, desde Bos Aires e con outros compañeiros, embarcou como polizón no barco Monte Serantes; logo de certos contratempos chegaron a Barcelona o día 02/04/1937. Foi tenente no 10º Corpo do Exército da República e, tras da derrota republicana, pasou a Francia en marzo de 1939. No país galo pasou por un campo de refuxiados, por Argelès-sur-Mer e por Le Barcarès; evadiuse dos tres campos.
Antes do comezo da II Guerra Mundial marchou de Francia cara México, país ao que chega en decembro de 1939; reúnese coa súa dona.
No ano 1974 publicou en Bos Aires El verbo prohibido. Memorias de un condenado a muerte, baixo o pseudónimo de Miguel A. Ortiz.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.