← Volver atrás

Montojo Núñez, José-Patricio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 31/03/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 31 anos. Casado con Matilde Blanco Pereda. Veciños de Ferrol. Mariño da Armada, tenente de navío destinado no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol.

Encarcerado.

Loitou no bando franquista.

O día 18/07/1936 o bou Tiburón achábase no porto da Coruña. Requisárono os franquistas, artillárono en Ferrol, quedou ao mando de Montojo Núñez e destinárono á flotilla franquista de Ribadeo (Lugo), cunha dotación de 33 persoas. Montojo estaba entón destinado no cruceiro Canarias e encargáronlle o mando deste bou Tiburón.

A mediados de agosto, cando patrullaba na zona de Santander, atacouno unha avioneta Monospar republicana que pilotaba o tenente piloto Eloy Fernández Navamuel, renderon o barco e aportaron en Santander; non houbo sublevación a bordo, a rendición foi un fallo de autoridade do seu comandante. As autoridades republicanas condenaron ao tenente de navío franquista Montojo a cadea perpetua e enviárono a traballos forzados na fronte de guerra.

Cando os franquistas tomaron Santander, en agosto de 1937, prendérono.

Xulgado polos sublevados en consello de guerra en Ferrol por debilidade militar en acto de servizo, na causa 12/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Non o ingresaron en ningún penal, encerrárono en varias dependencias do Arsenal ferrolán e, co paso do tempo, indultárono. Montojo foi o único comandante franquista que entregou o seu barco sen loitar. Co tempo acadou o grao de capitán de navío.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha