Nacemento:
Morte:
Médico e político, 36 anos. Casado con Segunda Manciñeira; tiveron tres fillas e un fillo. Veciños de Vilagarcía de Arousa. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1923 en Sevilla; especializouse en obstetricia en Madrid. Desde 1924 exerce como médico en Vilagarcía de Arousa, coñecido como “o médico dos pobres”. Nomeárono médico tocólogo do concello en 1934.
Concelleiro de Vilagarcía de Arousa polo Partido Galeguista (PG) ata agosto de 1934.
Depurado.
Despois do golpe de Estado prendérono os franquistas, internárono no cárcere de Bande (Ourense) e despois desterrárono a Alfambra (Teruel), onde chegou a exercer en tres pobos (Alfambra, Perales e Peralejos) e os golpistas obrigárono a participar na atención aos feridos na Batalla do Ebro.
No ano 1942, xa moi enfermo, permitíronlle regresar á súa vila onde pronto finará.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.