← Volver atrás

Morillo Vidal, Benigno

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

San Lourenzo de Nocedo, Quiroga
(Lugo)
- 15/12/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto da Valiña, San Pedro de Froián, Sarria
(Lugo)
- 22/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e carpinteiro, 32 anos. Casado con María Martínez Franco; tiñan tres fillas: Dolores, Lucinda e Rosa e unha en camiño e a que xa non coñeceu, María. Veciños de San Lourenzo de Nocedo. Irmán de Severo Morillo Vidal, encarcerado.

Tesoureiro da Sociedade Labrega Marxista de Noceda.

Paseado.

Participou na resistencia fronte aos militares golpistas e o día 22/07/1936 escapou para o monte.

Prendérono os falanxistas o día 06/08/1936.

Ingresado na Pinguela, como era coñecido o cárcere de Monforte de Lemos (Lugo), o día 09/08/1936, de onde o sacan os milicianos falanxistas, que dirixe Pedro Marzán, o día 22 dese mes coa fin de pasealo.

No alto da Valiña pasearon e asasinaron a: José Casas Montero, Benigno Morillo Vidal e Manuel Rodríguez Arias, despois dunha saca que xustificaron como un traslado seica para Lugo.

Morte rexistrada no Alto da Valiña a causa de hemorraxia cerebral producida por proxectil de arma de fogo.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Froián.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha