← Volver atrás

Morris Soriano, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Valencia
- 01/01/1880 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Paulo de Río Barba, O Vicedo
(Lugo)
- 24/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 56 anos. Casou en 1903 en Ferrol (A Coruña) con Amparo de Castro Fernández. Veciños de Viveiro (Lugo). Comandante da Infantería de Mariña, retirado. Combateu na Guerra de Marrocos. Axudante da Mariña en Viveiro (Lugo) no ano 1928.

Vogal no ano 1932 do Comité Executivo Provincial do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) de Viveiro, do que, máis tarde, sería presidente. Vogal do Casino de Viveiro en 1935. Concelleiro de Viveiro por Unión Republicana (UR), dentro da formación da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Paseado.

Despois do alzamento militar foxe e estivo agochado, pero detivérono en Ferrol o día 23/08/1936. Asasinárono ao día seguinte co pretexto dun traslado.

Morte rexistrada en Río Barba a causa de disparos de arma de fogo nun traslado de Ferrol (A Coruña) a Viveiro.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha