← Volver atrás

Moure Varela, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Cristovo de Castro, Carballedo
(Lugo)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 23 anos. Solteiro. Veciño de Lugo.

Encarcerado.

Cando se inicia a guerra civil estaba a prestar o servizo militar e tentou pasarse ao Exército Popular republicano na fronte do Principado de Asturias.

Ingresárono os franquistas na Prisión Provincial de Lugo o día 04/12/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de traizón (deserción fronte ao inimigo), na causa 800/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 28/11/1938.

Enxuizado con Andrés Novoa Bravo, a quen declararon fuxido.

Pena de morte conmutada na Comisión Provincial de Exame de Penas de Lugo pola de cadea perpetua e, logo, pola de 12 anos.

Concédeselle a prisión atenuada o día 27/07/1943.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 281 do día 08/10/1943.<<<<<

Co tempo casou con Manuela Seijas.

Arrestárono e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo, por segunda vez, o 14/02/1946 e trasladárono á Prisión Provincial da Coruña o 22/02/1946.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a seis anos de cadea segundo resolución do 10/0/1946. Nesta Causa procesaron a 64 persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha