Nacemento:
Morte:
Músico e serrador, 24 anos. Solteiro. Veciño da Ponte do Porto.
Membro da Sociedade de Oficios Varios.
Encarcerado.
Cando se produce o movemento militar sedicioso formou parte do Comité de Defensa da República na Ponte do Porto, seguindo as instrucións do goberno lexítimo. Procederon a requisa de armas, explosivos, municións e automóbiles dos veciños máis dereitistas.
Prendérono os golpistas na súa casa, o día 07/01/1937 trasladárono da cadea de Corcubión (A Coruña) á Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1367/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. O fiscal pedira para el a pena de morte.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 13/06/1937. Non participou no intento de fuga masiva deste penal.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña pola de sete anos; puxérono en liberdade condicional o día 07/05/1941.
Interno na Prisión Central de Pamplona, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 130 do día 10/05/1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.