← Volver atrás

Neira Otero, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
- 09/06/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dependente e político, 25 anos. Casado con Francisca-Ruperta Rietz Vázquez; tiveron dous fillos e unha filla: Roberto, Juan-Antonio e Alejandrina. Veciños de Vilaxoán, San Martiño de Fóra de Sobrán, Vilagarcía de Arousa. Dependente de comercio.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Vilagarcía de Arousa.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar participou na resistencia aos golpistas en Vilagarcía de Arousa. Prendérono o día 17/09/1936 e enviárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 01/04/1937, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 15/06/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra e concédeselle a prisión atenuada o día 02/09/1940, cando seguía no penal de San Cristóbal.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha