← Volver atrás

Nieto Blanco, Francisca

Alcume: Paquina
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

Ponferrada,
(León)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponferrada
(León)
- 01/01/2012 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 23 anos. Casou o día 08/09/1935 co inspector de policía e sindicalista Vicente Campillo Ovalle (León), que morreu na fronte asturiana en 1937, ferido no Escamplero, preto de Oviedo e que finou o día 15/03/1937; tiveron un fillo: Alberto del Progreso (+1982). Era a pequena de sete irmáns. Miss Ponferrada no ano 1933.

Encarcerada. Exiliada.

Desde a fuxida do seu home internárona na cadea de Ponferrada; deixárona en liberdade vixiada despois do pasamento de Vicente.

Responsable da 1ª Compañía de Guerrilleiros do Llano da I Agrupación de Guerrilleiros, que dirixía o asturiano César Ríos Rodríguez.

Paquina colaborou como membro do Servizo de Información Republicana (SIR) da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG). Prendérona os rebeldes no ano 1945.

Xulgada no Tribunal Militar Territorial de León, na causa 319/45, co resultado de sentenza a tres anos de cadea, que cumpriu case na súa integridade.

Detida e encarcerada en numerosas ocasións entre 1936 e 1948. Torturárona moralmente a través das ameazas de dano ao seu fillo.

No ano 1948 obtivo a liberdade pero vivir en Ponferrada facíaselle imposible, non a deixaban en paz e marchou á República Arxentina co seu fillo.

Regresou a España no ano 1978.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha