← Volver atrás

Nieto Saco, Juan-Celso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 28/12/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tipógrafo, 20 anos. Veciño de Madrid. Chegou á capital de España coa súa familia no ano 1930 e traballou na Imprenta Saiz Hermanos.

Membro do Sindicato de Artes Gráficas, da UXT e das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Madrid desde o ano 1932.

Encarcerado. Exiliado.

No decorrer da guerra civil incorporouse ás milicias republicanas, combateu en distintas frontes da zona de Madrid ata que o feriron en novembro de 1936 e o trasladaron a Barcelona, onde se pasa ao PCE en abril de 1937. Desde ese ano 1937 volve pasar por diferentes frontes de guerra, acadando o grao de tenente no exército republicano. En xaneiro de 1938 pertencía ao 553º Batallón da 139ª Brigada Mixta.

Capturado polos golpistas na fronte de Villalba de los Arcos (Tarragona) o día 02/04/1938, pasou por cárceres, campos de concentración e batallóns de traballadores.

Puxérono en liberdade o día 24/10/1941 polo sobresemento provisorio da súa causa e pasou a residir en Santiago de Compostela.

No ano 1945 volveu a Madrid e militou no PCE na clandestinidade; arrestárono o día 06/04/1948.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid, o día 16/12/1949, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Interno no penal de Ocaña (Toledo), na Prisión Provincial de Santander (Cantabria) e no penal de El Dueso, Santoña (Cantabria); deste último sae en liberdade o día 25/11/1951.

Volveu a Madrid; o día 14/12/1953 embarcou no Guadalupe con rumbo a Estados Unidos e no que chegou a Veracruz (México) o 10/01/1954.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha