← Volver atrás

Noguerol Buján, Arturo-José

Alcume: Arturo Noguerol
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ourense
(Ourense)
- 06/05/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Serantes, Ferrol
(A Coruña)
- 12/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xornalista, poeta e escritor, 44 anos. O día 21/01/1924 casou con Eloísa Martínez Carballo; tiñan unha filla e un fillo nados en Ourense: Eloísa e Pedro-Arturo. Veciños de San Salvador de Serantes. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca en 1915 e nese mesmo ano abre despacho de avogacía na rúa Padre Feijoo, 10, en Ourense. Secretario do Concello de Serantes desde 1932; antes xa o fora no Pereiro de Aguiar (Ourense) en 1923, en Avión (Ourense)en 1926 e en Rianxo (A Coruña) en 1927. Amigo de Vicente Martínez-Risco Agüero.

Participou na publicación La Centuria, que foi a fonte do galeguismo en Ourense.

Membro das Irmandades da Fala desde o ano 1917. Tamén pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos. Participou na fundación de Irmandade Nacionalista Galega (ING), da que exerceu de delegado en Ourense.

Militante do Partido Galeguista (PG), por mor dunha desafección en 1930 cos galeguistas a súa actividade política cesou durante case seis anos, ata 1936.

Co-fundador, colaborador e ex-xerente da revista Nós. Tamén escribiu en A Nosa Terra, La Billarda ou La Zarpa.

Paseado.

Prendérono na Coruña o día 10/08/1936 por "propagar noticias tendenciosas", internárono no Castelo de San Antón, na cidade herculina, e trasladárono á prisión da Escollera, no Arsenal ferrolán.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) por inxurias ao Exército, na causa 478/36, co resultado de sentenza de sobresemento.

Sacárono da cadea os paramilitares, o día 11/09/1936, con outras 12 persoas nun ómnibus; na noite seguinte asasinárono e o seu cadáver apareceu nunha cuneta do entón concello de Serantes, na estrada A Coruña-Ferrol.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista, executado por arma de fogo.

Soterrárono con outra ducia de persoas nunha fosa común no cemiterio de Serantes.

Os seus asasinos informaron á súa dona, sen remordementos: "Tranquila, que hoy va a dormir en cristiano".

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.