Nacemento:
Morte:
Militar, 23 anos. Veciño de Betanzos. Mariño da Armada; ingresou con 15 anos na Escola Naval da Armada en Ferrol (A Coruña) e na II República acadou o grao de oficial. Tiña o seu destino en 1936 no cruceiro lixeiro Miguel de Cervantes como auxiliar alumno naval.
Militante do PCE.
Exiliado. Encarcerado.
Despois de facerse a tripulación co barco nas costas portuguesas, combateu coa armada republicana durante a guerra civil.
Abandonou Cartagena (Mucia) coa flota republicana cara Tunes ao remate da contenda española e como capitán do Miguel de Cervantes; alí destinárono a compañías de traballo en varios campos ata abril de 1943, entre eles o de Meknassy, unha mina abandonado no deserto e onde sofre todo tipo de penalidades.
Traballa para a resistencia francesa contra os alemáns en Tunes ata que o arrestaron os nazis por esta colaboración e deportárono a Sachsenhausen (barrio de Frankfurt, Alemaña), onde ingresa o día 06/04/1943. En abril de 1945, diante da proximidade das tropas rusas, os alemáns trasladárono á zona do mar Báltico.
Liberado polo abandono dos gardas das SS, recollérono as tropas americanas e rusas en Schwerin (Mecklemburgo-Pomerania Occidental, Alemaña) o día 03/05/1945.
Despois de pasar por varios hospitais franceses, instalouse en Montpellier onde residiu ata a súa morte.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.