← Volver atrás

Novo Brocas, Adelardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 07/09/1880 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Logroño
- 16/06/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e político, 55 anos. Estudou bacharelato na Coruña e comezou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1896 sen rematar a licenciatura, que abandonou no ano 1900. Nese ano 1900 marchou a Madrid e no 1904 a Cuba, onde exerceu o xornalismo e permaneceu, agás breves tempadas, ata marzo de 1932, cando regresou definitivamente a Galicia.

En Cuba dirixiu o xornal La Unión Española e fundou e dirixiu Diario Español. Tamén foi director de Follas Novas, codirector do Almanaque Gallego e director doutras publicacións. En España colaborou con El Pueblo Gallego, El Sol e Diario de Madrid.

Militou en Acción Republicana (AR) durante a II República, exerceu de gobernador civil de Lugo (de xuño a setembro de 1933) e de Valladolid (de outubro de 1933 a decembro de 1935). Foi candidato polo Partido Republicano Galego (PRG) por Ourense nas eleccións de 1933. Xa integrado en Esquerda Republicana (ER) nomeárono gobernador civil de Logroño o día 19/03/1936, onde se mantiña ao comezo da guerra civil e onde se nega a entregar armas aos obreiros para enfrontarse aos sublevados.

Encarcerado. Morte na cadea.

Cando o golpe militar fascista detivérono o 19/07/1936 as tropas do golpista Emilio Mola Vidal e ingresárono na Prisión Provincial de Pamplona (Navarra), na que permanece por dous anos.

Xulgado nun proceso sumarísimo polo delito de incitación á rebelión, que se suspendeu á súa morte.

Sacárono da cadea por mor dun tumor intestinal e ingresárono no Hospital de Logroño, onde se rexistra o seu pasamento.

Soterrárono no cemiterio civil de Logroño.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha