← Volver atrás

Nóvoa Arce, Enrique-Santiago

Alcume: Tadeo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santa Lucía de Rairo, Ourense
(Ourense)
- 28/07/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 29/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, labrego e cazador, 24 anos. Casado con Isabel; tiñan un fillo, Antonio (sete anos) e unha filla que acababa de nacer e que morrería de fame ao pouco. Veciños de Tenencia de Zaín, Rairo. Era o segundo de sete irmáns.

Militante da CNT.

Executado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes decide agocharse na casa dos seus pais en Rairo, pasando cinco meses dentro dun armario vello no fondo da palleira, lonxe da muller e dos fillos, que seguían a vivir en Tenencia de Zaín. Denunciouno un veciño e detivérono os franquistas nunha mañá do mes de decembro de 1936 durante un rastreo nesta casa.

Xulgado en consello de guerra en Ourense por tenencia ilícita de armas (tiña unha escopeta de cazador) co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Francisco, en Ourense.

A súa dona Isabel morrería ao pouco tempo de tristura e o seu fillo Antonio, aos 18 anos, marcharía cara Venezuela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha