← Volver atrás

Nóvoa Nóvoa, Juan-Ángel

Alcume: Bicho Bravo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tipógrafo e político, 39 anos. Casou con Dolores Barreiro Gómez (+setembro 1943); tiveron catro fillas e un fillo: Carmen, Angelines, Máximo, Sara e Dolores. Veciños da rúa da Estrela, 5, en Ourense. Irmán de Manuel Nóvoa Nóvoa, tamén encarcerado.

Militante do PCE. Elixírono secretario da Casa do Pobo de Ourense no ano 1931 e secretario da Asociación de Inquilinos de Ourense en outubro de 1933. Membro do Comité Executivo Provincial do PCE en Ourense.

Redactor de La Zarpa e colaborador de El Soviet.

Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o golpe militar agochouse co seu irmán Manuel Nóvoa Nóvoa nunha cova construída por eles no soto do nº 37 da rúa Raíña Victoria, en Ourense. Descubríronos e arrestáronos os represores o día 05/04/1937.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de adhesión á rebelión, na causa 452/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Ourense pola de cadea perpetua.

Internárono no Reformatorio de Adultos de Ocaña (Toledo) no que acadou a liberdade condicional en setembro de 1952.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1941.

Co tempo marchou ao exilio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha