Nacemento:
Morte:
Empresario e ferreiro, 54 anos. Casado con Josefa Saavedra Espoz; tiñan 12 fillos. Veciños do barrio da Ceboleira, Santa Cristina de Lavadores, Vigo (Pontevedra). No ano 1906 fundou na Coruña con outros a industria La Artística, da que se separou no 1921. Logo instalou no barrio do Calvario, en Vigo, a Cromo-Litografía Estanislao Núñez de construción de envases de conserva.
Presidente da Federación Gremial de Patróns e dirixente da Cámara de Comercio en Vigo.
Colaboracionista. Morte en enfrontamento.
Morte rexistrada en Vigo por mor dunha hemorraxia interna por disparo de fusil e vencellada aos feitos que ocorreron nos primeiros días da sublevación militar fascista. O seu chalé no Seixo asaltárono membros da resistencia popular antifranquista, defendeuse a tiros e rematou morto. Tamén lle queimaron a casa.
Segundo algunhas fontes os resistentes atacárono cando comprobaron que lles estaba a facer disparos polas costas mentres se defendían contra dos golpistas nas barricadas do Calvario.
Nesta acción tamén prenderon a dous dos seus fillos aos que liberaron dúas horas despois.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.