← Volver atrás

Núñez Cariz, Hermesindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Cea
(Ourense)
- 01/10/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado, 24 anos. Veciño de Madrid. Empregado do Banco Hipotecario de Madrid e contable na panadería de Tomás Herrera Alonso e do Cine Barceló.

Membro da Federación de Banca da UXT en Madrid e militante do PCE.

Encarcerado.

Foi un dos organizadores do Batallón de Voluntarios de Banca e Bolsa do Exército Popular da República en novembro de 1936. En marzo de 1937 incorporouse ao exército republicano no Grupo de Alumeado da Defensa Especial Contra Aeronaves (DECA), que dependía da Subsecretaría do Aire. En marzo de 1938 ingresou na Escola Popular de Guerra e acadou o grao de tenente.

Ao remate da guerra civil os alzados detivérono en Alacante e ingresárono no Castelo de Santa Bárbara o día 05/04/1939; pasou por varias cadeas.

Interno en Alcalá de Henares (Madrid), deixárono en liberdade o día 10/08/1940.

Prendérono de novo en agosto de 1942.

Xulgado en consello de guerra en Madrid, o día 29/09/1942, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada pola de 20 anos de prisión.

Concédeselle a liberdade condicional en xuño de 1943.

Interno na Prisión Provincial de Madrid, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 203 do día 22/07/1943.

Pertenceu á organización socialista clandestina en Madrid e arrestárono outra vez en xaneiro de 1947 na redada que rematou co Comité Local da Agrupación Socialista (AS) madrileña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha