← Volver atrás

Núñez Dacosta, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vila Real
(Portugal)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Camposancos, A Guarda
(Pontevedra)
- 20/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 40 anos. Casado. Veciños de Toral de los Vados (León).

Militante da UXT.

Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Executado.

Durante a guerra civil dirixiu un grupo de persoas que asaltou a polvoreira da fábrica de Cementos Cosmos e atacou o cuartel da Garda Civil de Ponferrada (León); despois pasou á zona asturiana.

Prendérono as tropas rebeldes e internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permanente nº 1 de Xixón, o día 15/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas en Camposancos.

Morte rexistrada en Camposancos a causa dunha hemorraxia interna producida por tres balazos.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Sestás, A Guarda.

Pode figurar como da Costa de segundo apelido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha