← Volver atrás

Ochoa Carrasco, Rafael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Santiago do Carril, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 16/10/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)

Biografía

Mestre, ceramista, pintor e político, 28 anos. Casado con Concha Liaño Gil (Barcelona). No ano 1910 vivían en Pontecesures (Pontevedra), cando ao seu pai o destinaron a esta vila como xefe de estación. Estivo á fronte da fábrica Cerámica Celta en Pontecesures. No ano 1933 trasladouse coa súa familia a Ourense no momento que nomearon ao seu pai xefe de estación. Na capital ourensá estudou Maxisterio.

Redactor da Axencia Tass de Madrid. Colaborou con deseños en La Zarpa e con El Pueblo Gallego.

Militante do PCE. Sería un dos fundadores da Liga Atea en outubro de 1932.

Depurado. Encarcerado. Exiliado.

Prendérono despois do golpe de Estado e abríronlle un expediente de depuración como mestre.

Durante a guerra civil pasou dous anos pola cadea ata que o trocaron pola mediación da Cruz Vermella.

Desenvolveuse como oficial do exército republicano e despois do remate da contenda marchou a Francia, onde o internaron no campo de Le Barcarès.

Máis tarde instalouse en París; traballou como xornalista e redactor dun xornal comunista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha