Nacemento:
Morte:
Filólogo, lingüista e escritor, 25 anos. Veciño da Fonsagrada. Estudou a carreira de Filosofía e Letras en Madrid, rematando no ano 1931 e exerceu despois de lingüista e de escritor.
Participou na elaboración do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, recollendo material en Galicia e no norte de Portugal.
Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar achábase en Portugal facendo uns estudos de filoloxía para a República; prendérono en Valença do Minho (Portugal) en xullo de 1936 e a policía lusa entregouno aos franquistas en Tui (Pontevedra) o día 05/08/1936. Acusárono de sospeitoso de espionaxe a favor da República por mor dos papeis que se lle atoparan (os estudos de filoloxía).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 809/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.
Ingresárono na prisión de Tui e permaneceu na cadea ata agosto de 1942, pasando por San Simón, Tui, Vigo, Burgos e Figueirido.
Interno na Prisión Central de Figueirido (Pontevedra), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 155 do día 04/06/1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.