← Volver atrás

Otero Espasandín, José-Rogelio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Santa Baia de Castro, Cerdedo
(Pontevedra)
- 09/11/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bethesda, Maryland
(Estados Unidos)
- 15/10/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, científico e escritor, 35 anos. Casado en Madrid con Alicia Ortiz Alonso; tiñan unha filla. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) desde 1914 e rematou no ano 1921. Mobilizado na Guerra de Marrocos ata 1923. Mestre do Pósito de Pescadores de Ribeira (A Coruña) en 1923. Ampliou os seus estudos na Escola Superior de Maxisterio en Madrid e participou nas Misións Pedagóxicas por toda España. Profesor de Matemáticas.

Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Colaborador de Galicia, Faro de Vigo, Nós e El Pueblo Gallego. En Madrid dirixiu, no ano 1935, PAN Revista epistolar e de ensaios.

Exiliado.

Mobilizado polo Exército Popular republicano destinárono a Barcelona durante a guerra civil, e traballou nunha oficina de aviación.

O día 09/02/1939 cruzou a Francia e ese mesmo mes pasou a Norwich (Inglaterra), onde se atopaban a súa dona e a súa filla. En abril de 1941 marcharon a Bos Aires (República Arxentina) e, en 1947, a Pensilvania (Estados Unidos), onde exerceu de profesor.

Non volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha