← Volver atrás

Pais Lloréns, Joaquín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

San Xoán de Freixo de Sabardes, Outes
(A Coruña)
- 16/11/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Marín
(Pontevedra)
- 30/12/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 36 anos. Casado con Herminda Amaro Conde; tiveron dúas fillas e un fillo: María del Carmen-Jesusa, José-María e Joaquina. Veciños de Redondela (Pontevedra). Mestre na Pobra do Caramiñal (A Coruña); en outubro de 1918, trasladárono a Redondela. Aprobou as oposicións de Maxisterio no ano 1920 e, en decembro dese ano, destinárono á Escola Graduada de Redondela. Director da Escola Graduada; tamén daba clases preparatorias para o Bacharelato na súa casa. Ao facer o servizo militar pasou 13 meses nas campañas de África (1921/1922).

En maio de 1921 elixírono secretario da Asociación de Mestres da súa localidade. No ano 1924 desenvolve unha vogalía de Unión Patriótica (UP). Durante a II República, en marzo de 1933, elixírono presidente da Comisión Xestora Municipal de Redondela.

Depurado. Encarcerado

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo e destituírono como mestre.

Preso por razóns políticas, pasou 18 meses nos cárceres de Celanova (Ourense) e Pontevedra.

Sobrevive dando clases particulares e nos anos cincuenta montou un negocio de material eléctrico en Marín.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha