← Volver atrás

Pampillón Rodríguez, Segundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

San Martiño de Tameiga, Mos
(Pontevedra)
- 24/03/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empresario e político, 29 anos. Casou no Porriño (Pontevedra) no ano 1932 con María del Carmen Paz Domínguez, filla do médico Manuel Paz Varela (+1938); tiñan un fillo: Enrique. Veciños de Santa María de Sanguiñeda, Mos. Estudou nos Salesianos de Vigo (Pontevedra) e despois acadou a titulación de perito mercantil. Administrador da empresa madeireira da súa familia en Sanguiñeda.

Fundador da Cooperativa Labrega do seu pobo.

Durante a II República fundou en Mos Acción Republicana (AR) e, anos despois, integrouse en Esquerda Republicana (ER). Logo do triunfo da coalición da Fronte Popular (FP) formou parte da xestora de Mos e, o día 09/03/1936, elixírono alcalde por ER.

Encarcerado. Exiliado.

Producido o golpe rebelde perseguírono e prendérono os franquistas o día 02/08/1936 en San Mamede de Petelos, Mos, e obrigárono a renunciar ao cargo de alcalde; ingresárono na cadea en Tui (Pontevedra), no frontón da rúa María Berdiales e no cárcere da rúa do Príncipe, en Vigo.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar, na causa 1117/36, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.

Coa mediación do seu sogro consegue a liberdade e logrou fuxir a Portugal a onde o reclamou, desde a República Arxentina, o seu irmán Cándido Pampillón Rodríguez, que vivía exiliado neste país suramericano desde setembro de 1936. Segundo Pampillón chegou a Bos Aires o día 6 de abril de 1937 coa súa dona, que tamén fuxira a Portugal, e o seu fillo.

No ano 1960 era membro do Consello de Galicia. En Bos Aires adicouse á denuncia do franquismo, ao xornalismo, a xoiería e á fabricación de mobles.

Volveu a Galicia no ano 1958 e regresou á República Arxentina no 1962.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha