← Volver atrás

Pardal Pouso, Marcelino

Alcume: Xelo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Rúa da Estrela, Barrio de Canido, Ferrol
(A Coruña)
- 02/11/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Béziers
(Hérault, Occitania, Francia)
- 19/05/2009 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 18 anos. Veciño de Ferrol. Xogou de central no Racing de Ferrol desde a temporada 1933/34 ata a guerra civil.

Anarquista. Militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL).

Exiliado. Encarcerado.

Mobilizado polos franquistas despois de que tomaran a súa cidade.

Logo do asasinato do seu irmán Francisco Pardal Pouso, decidiu cambiar de bando e pasouse aos republicanos, cos que loitou na Batalla do Ebro.

Ao remate da guerra civil pasou a Francia e internárono no campo de concentración de Cap d'Adge (Hérault, Francia); logo trasladárono á Liña Maginot, nunha brigada de traballo que construía o camiño de ferro.

Preso dos nazis alemáns en Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). Deportado nun tren de gando con máis de 800 españois (algunhas fontes falan de 847) ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde chega o 13/12/1940. Alí formou parte do equipo de fútbol La República, no que xogaban españois deportados.

Liberado polos aliados o día 05/05/1945.

Despois da liberación non quixo volver a España e estableceuse en Béziers.

Último galego en morrer dos que tiveron a desventura de pasar polos campos do horror nazi.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha