← Volver atrás

Parga Parada, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

A Coruña
- 29/04/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 10/04/2004 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesora, 22 anos. Casou o día 31 de outubro de 1936 co tenente coronel republicano Manuel Tagüena Lacorte (Madrid), un dos heroes do exército republicano durante a guerra civil. Comezou os seus estudos en Ferrol (A Coruña), onde tiña o destino o seu pai. No ano 1932 a familia trasladouse a Madrid polo traballo militar do pai, onde Carmen estudou Filosofía e Letras na Universidade Central e que non puido rematar por mor da guerra civil.

A súa familia era socialista.

Militou na Federación Universitaria Escolar (FUE) e no Bloque Estudantil de Oposición Revolucionaria (BEOR). Co tempo ingresou nas Xuventudes Socialistas (XXSS). Remataría no PCE.

Exiliada.

Cando a guerra civil se perdera, en febreiro de 1939 Carmen e o seu home pasaron por Francia cara Leningrado e Moscova, onde se estableceron en 1940 e na que naceron as dúas fillas. No ano 1945 a familia trasladouse a Iugoslavia, en 1948 a Checoslovaquia e chegaron a México o 12/10/1955.

Na Cidade de México desenvolveuse como profesora e foi presidenta da agrupación do PSOE en Cidade de México.

No ano 1996 publicou o seu libro de memorias Antes que sea tarde.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha