← Volver atrás

Parrado Vaamonde, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 30/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Arzúa
(A Coruña)
- 11/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Contable e político, 25 anos. Veciño do Pedral, San Pedro da Mella, Arzúa (A Coruña). Contable da empresa de transportes Guillén.

Militante do PCE. Secretario xeral do PCE de Santiago de Compostela de 1931 a 1933. Dirixente da Casa do Pobo. Presidente da Sociedade de Dependentes de Comercio e Industria de Santiago de Compostela desde o día 06/05/1936.

Colaborou con El Pueblo Gallego.

Detivérono en novembro de 1934, despois da folga xeral revolucionaria de outubro dese ano; xulgado na Coruña polo delito de excitación á rebelión o día 6 de xullo de 1935 e absolto.

Pertencía á loxa masónica Agarimo de Santiago de Compostela.

Participou nos mitins para pedir o si para o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Paseado.

Participou activamente na defensa de Santiago de Compostela fronte aos golpistas e acudiu en autobús na defensa do Goberno Civil da Coruña. Resultou detido polos fascistas e paseado.

Morte rexistrada en Arzúa a causa dunha hemorraxia cerebral.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha