Nacemento:
Morte:
Latoeiro, sindicalista e político, 43 anos. Casado; tiñan unha filla. Veciños da rúa Bispo Sarmiento, 11, en Mondoñedo.
Tesoureiro da Sociedade de Obreiros Católicos de 1925 a xaneiro de 1932, cando o expulsaron con preto doutros 80 socios. Dirixente do Sindicato de Oficios Varios, vencellado á CNT. Militante e dirixente da Unión Socialista Galega (USG) desde febreiro de 1933. Membro da UXT.
Paseado.
Detido o día 10/01/1938 nun bar da súa localidade coas dúas persoas ás que logo pasearon con el. Confináronos no cuartel da Garda Civil e sacáronos, na madrugada do 11 ao 12, un grupo de falanxistas e gardas civís, que mandaba o brigada da Garda Civil Manuel Galende Fernández e que lles deron morte.
Prendéranos por mor dunha denuncia anónima; semella que a delación parte de José-María Agrelo, cura de Santiago de Mondoñedo, co que mantiñan enfrontamentos desde os tempos da Sociedade de Obreiros Católicos.
Morte rexistrada en Mondoñedo ás 04:00/05:00 h por mor dun traumatismo por disparo de arma de fogo; os seus cadáveres apareceron no lugar da Rocha, preto do cemiterio de Mondoñedo.
Nesta acción represora asasinaron a: Siervo González Rivas, funcionario; Graciano Paz Amieiro, latoeiro, e Manuel Rodríguez Núñez, dependente.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.