← Volver atrás

Paz Suárez, Adriano

Alcume: Valdés de Zayas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Obreiro naval e político, 41 anos. Casou en 1929 con Josefina Martínez Ruiz. Veciños de Ferrol (A Coruña). Empregado da Sociedad Española de Construcción Naval (SECN).

Militante de Unión Republicana (UR). Antes pertencera ao Partido Federal (PF). Candidato a concelleiro de Ferrol por UR en 1936.

Colaborador do semanario Renovación.

Encarcerado. Depurado.

Detivérono despois do golpe de Estado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol, o día 18/08/1936, polo delito de auxilio á rebelión (causa contra o persoal de Renovación) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pena ordinaria conmutada en 1940 pola de seis anos e un día de prisión menor.

Pasou polas cadeas de La Casería de Ossio, San Fernando (Cádiz) ata novembro de 1941 e a Prisión Provincial de Huelva, onde o deixaron en liberdade condicional o día 22/07/1942.

Licenciamento definitivo no ano 1949.

Expulsárono da SECN.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha