← Volver atrás

Peinado García, Antonio

Alcume: Mella
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 27/11/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Bombeiro, futbolista, boxeador e sindicalista, 41 anos. Casado. Veciños da Coruña. Bombeiro do servizo municipal de incendios do Concello da Coruña.

Debutou como dianteiro do Real Club Deportivo da Coruña o 30/08/1914, co que foi campión galego na tempada 1926/27. Con posterioridade sería campión galego de boxeo, no peso wélter.

De ideoloxía socialista, desenvolveríase como delegado da Federación Local da UXT e como membro da Federación de Colectividades Socialistas.

Depurado. Encarcerado.

Destituírono os franquistas na aplicación do Decreto 108 de 13/09/1936 na Comisión Permanente do 10/12/1936. Razóns da destitución: «Destacado marxista, socialista, tomó parte en la construcción de parapetos defensa Gobierno Civil iniciación Movimiento».

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1370/36, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 17/06/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) o 15/09/1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha