Nacemento:
Morte:
Avogado, xornalista e político, 34 anos. Veciño de Madrid. Fillo de Enrique Peinador Lines, sancionado, e de Georgina Porrúa Moreno del Villar (Andújar, Xaén). Avogado laboralista, fiscal e secretario da Academia de Xurisprudencia e Lexislación en Madrid.
Vicepresidente e secretario do Lar Galego en Madrid e militante de Esquerda Republicana (ER). Máis tarde pasouse ao Partido Galeguista (PG), do que exerceu a presidencia en Madrid.
No ano 1935 editou o xornal Amnistía para a defensa dos procesados pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e aos que tamén defendeu como avogado.
Colaborou cos xornais El Sol, Libertad, El Pueblo Gallego, Galicia en Madrid.
Executado.
Durante a guerra civil foi xefe da sección económica do 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, en Madrid. Desenvolveuse como Fiscal da República, tomando parte en moitos procesos contra membros da Quinta Columna.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid en 1939, con 48 compañeiros, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os golpistas nas tapias do Cemiterio do Este, na capital de España. Soterrárono nunha fosa común.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.