← Volver atrás

Peña Rey, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade
(Pontevedra)
- 07/06/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 30/04/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 47 anos. Casou en Santiago de Viascón, Cerdedo, o día 29/06/1912, con Celia Bouzas Barreiro; tiveron catro fillas e un fillo: María-Esther, Marina, Celia, María de los Ángeles e Manuel Peña-Rey Bouzas. Veciños de Ourense. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1912. Instalouse en Ourense no ano 1918 e no ano 1922 abriu alí un sanatorio. Xinecólogo e director do Hospital Provincial de Ourense de 1931 a 1934. Presidente do Colexio de Médicos en Ourense do ano 1932 ata o verán de 1936. Volveu dirixir o Hospital Provincial no ano 1936.

Militante galeguista, chegou a presidir o Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO), na liña do Partido Galeguista (PG). No ano 1936 fixo campaña electoral a favor da Fronte Popular (FP).

Depurado. Encarcerado.

O día 22/08/1936 os fascistas destituírono como director do Hospital Provincial Modelo das Lagoas e inhabilitárono.

Prendérono os franquistas o día 28/10/1937. Encarcerado en Ourense e no Carballiño (Ourense) entre 1937 e 1938. Salvou do paseo pola intervención de amizades.

No ano 1941 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no Tibunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e, unha sentenza do 09/04/1941, condenouno a cinco anos de inhabilitación especial para cargos públicos de mando, confianza e directivos e unha multa de 500 pesetas.

Pasaron máis de oito anos para que o rehabilitaran.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha