Nacemento:
Morte:
Carabineiro, 42 anos. Casado. Veciño de Ribadeo (Lugo). Capitán do Corpo de Carabineiros.
Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar apostou pola defensa do Goberno legal e, baseándose na lexislación vixente, formou un comité que se encargou de facer requisas e organizar gardas armadas, pero a vila tomárona forzas golpistas procedentes de Lugo, o día 23/07/1936; morreron sete persoas e, o día 24, ingresaron a 64 na prisión municipal. Parte dos carabineiros e o alcalde escaparon ao Principado de Asturias para evitar a represión dos sublevados.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 24/10/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 15/10/1936 polo delito de traizón, na causa 190/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste proceso xulgaron a varios funcionarios do Corpo de Carabineiros, que tiñan destino na Mariña luguesa e condenaron á de morte a: Ramón Lorenzo Fernández e Antonio Trujillo Rodero; cadea perpetua para: Eugenio Cazón Polo, Rafael Pérez Aleixandre, Celestino Romano de la Cruz e Maximiano Segura Huerta; a seis anos de prisión sentenciaron a: Juan Alfaro Pérez, Fermín Bastos López, Vicente Carabelos Pérez, José Castro Flores, Eliseo Docampo Fernández, Manuel Docampo Fernández, Ramón Fernández Díaz, Alejandro García Pardo, Francisco González Gómez, Ruperto González Quintana, Celedonio Luengo García, Laureano Peñuelo de Toro, Manuel Pereira Méndez, Ramón Prado Aira, Manuel Rey Alonso, Joaquín Sacristán González, Fermín Santos López e Manuel Valencia Cabrera; absolveron a: José Ibias Mesa, Francisco López Martínez, Juan Navarro Gallego, Jacinto Nieto Escudero, Jerónimo Peña Briones, Nicolás Prado Morugosa, José Quelle Franco e José Vila González.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Trasladado á prisión de Valencia o día 24/09/1940.
Interno na Prisión de Penedas de Procedencia Militar de Cieza (Murcia), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 362 do día 28/12/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.