Nacemento:
Morte:
Mestre e escritor, 47 anos. Veciño de San Cosme de Maianca, Oleiros (A Coruña). Desenvolveuse como mestre interino en Santiago de Eidián, Agolada (Pontevedra) de 1920 a 1925; en Caldas de Reis (Pontevedra), en 1925; en San Cosme de Abeancos, Melide (A Coruña), en 1926; en Santo Estevo de Pezobrés, Santiso (A Coruña), en 1927, e en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa (Pontevedra) en 1931. Aprobou as oposicións en 1931 e destinárono a San Vicente de Pinol, Sober (Lugo); logo a San Vicente de Castillón, Pantón (Lugo), e, desde 1935, mestre de Cabreira, en San Cosme de Maianca.
Depurado.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo en decembro de 1936.
Pola publicación do seu libro Luz y Basilio en 1930 (novela censurada e prohibida polos franquistas), acusárono de anarquista e sancionárono coa separación definitiva do servizo e a baixa na escala de mestres en xullo de 1940.
En xuño de 1941 revísase o seu expediente, sancionándoo con dous anos de suspensión de emprego e soldo e trasladado fóra da provincia; en agosto de 1944 trasladárono a Vilalba (Lugo).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.