← Volver atrás

Pérez Cornejo, Antonio

Alcume: Antonio o Andaluz
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Cádiz
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María da Cabeza da Vilavella, A Mezquita
(Ourense)
- 25/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 24 anos. Veciño da Vilavella. Obreiro do ferrocarril. Irmán de Alfonso Pérez Cornejo, guerrilleiro e morto con el en enfrontamento; Juan Pérez Cornejo, paseado; e Manuel Pérez Cornejo, encarcerado.

Militante da CNT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1032/36 e na causa 166/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Procesado, entre outros, co seu irmán Manuel.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a: Antonio Oliveira Pousa e Ceferino Rodríguez Fernández; a 15 anos a: Gerardo Pérez Pousa, Joaquín Sánchez Vicente, Manuel Sánchez Vicente e Emilio Seoane Rodríguez; declararon fuxidos a: Nemesio Alonso Sotillo, Alfonso Pérez Cornejo e Antonio Pérez Cornejo; a Antonio Mancebo Gago suspendéronlle o proceso por morte anterior.

Formaba parte dunha partida de fuxidos.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense, na causa 166/37, cos seus irmáns Alfonso e Manuel.

Morto no monte A Tureira, na Vilavella, por fusilamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha