← Volver atrás

Pérez Corrales, María de la Gloria

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Rúa de San Andrés, 136, A Coruña
- 30/03/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)
- 10/01/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Costureira, 43 anos. Casou en Santa María de Pastoriza, Arteixo (A Coruña), o día 27/10/1920, con Santiago Casares Quiroga, ministro e presidente do Goberno da República do día 13/05/1936 ao día 19/07/1936. Veciños de Madrid desde 1931. Costureira nunha sombreirería e filla de cigarreiros. Nai de María-Victoria Casares Pérez, María Casares, actriz, nada en 1922.

Militante de Esquerda Republicana (ER).

Exiliada.

Durante os primeiros días da guerra civil traballou de enfermeira no Hospital Oftalmolóxico na zona republicana. En outubro de 1936 o seu home Santiago levounas a ela e a súa filla a Barcelona e de alí pasaron ao exilio en Francia no mes de novembro dese ano. En París apoiou a carreira artística da súa filla.

Finou en París, vítima dun cancro de estómago, no ano 1946.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha