← Volver atrás

Pérez Serrano, Ramiro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Ourense
- 29/07/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado, 47 anos. Casado. Veciño da rúa Santo Domingo, 70, en Ourense. Dependente de comercio.

Membro da Sociedade de Dependencia Mercantil e Bancaria da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Ourense desde abril de 1931 e que abandonou en outubro de 1934. Tesoureiro da UXT en 1931 e 1932.

Desterrado pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Pertenceu á masonería na loxa Constancia nº 13 de Ourense.

Procesado.

Arrestárono os rebeldes cando se produce o golpe de Estado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/07/1937 pola súa participación nas reunións do Goberno Civil no momento do golpe militar, na causa 391/37, co resultado de sentenza de absolución e posto en liberdade.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias e Severino Nóvoa Gutiérrez; penas de 12 anos e un día para: Luis Acuña Novoa, Patricio Arce Susilla e José Pérez Gómez; ditaron auto de absolución para Ramiro Pérez Serrano e declararon fuxido a Luis Vidal.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha