← Volver atrás

Piñeiro Agulleiro, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Alvarellos, Santiago de Berdeogas, Dumbría
(A Coruña)
- 26/12/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mauthausen
(Austria)
- 16/02/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 30 anos. Solteiro. Veciño de Barcelona.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

En Barcelona ingresou por oposición no Corpo de Seguridade e Asalto; destinárono a Madrid o día 06/10/1936 á 12ª Compañía de Asalto de Reserva.

Trasladárono a Valencia en novembro de 1937 á 26ª Compañía e a Barcelona en abril de 1938, á 5ª Compañía do 40º Grupo de Seguridade e Asalto; tamén pasou polo 22º Grupo de Asalto.

Ao rematar a guerra civil coa derrota republicana exiliouse en Francia.

Estivo nun batallón de traballadores estranxeiros durante a II Guerra Mundial, na Liña Maginot.

Preso dos nazis alemáns no frontstalag nº 123 de Langres (Francia) e no campo de concentración de Ludwigsburg stalag V-A (Baden-Wurtemberg, Alemaña). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen, ao que chegou o día 14/06/1941 e onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha